COESCO ORGANIZA CURSO DE FORMACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO B2 DE INGLÉS: PLAN DE FORMACIÓN XACOBEO

22. 05. 10

COESCO organiza curso para a preparación de INGLÉS B2.

Trátase dun curso formativo contemplado dentro do Plan de Formación no Xacobeo da Xunta  de Galicia, para persoas traballadoras ocupadas.

A pesar de ser para persoas traballadoras ocupadas, se non se cubrise a totalidade de prazas co 100% de participación de traballadores/as ocupados/as, podería participar ata máximo un 30% alumnado en situación de desemprego.

Os cursos que se vai dar inicio proximamente é o seguinte:

 INGLÉS Nivel B2:

  • Data de inicio: 02/06/2022
  • Data de remate: 16/08/2022
    • Horas totais: 250 horas (240 horas inglés + 10 horas formación transversal)
  • Horario: de 15 a 20 horas.

As posibles persoas candidatas para realizar este curso, son persoas que xa teñan acreditado o nivel B1 de inglés ou persoas con estudos universitarios, podendo realizar unha proba de nivel.

Para inscrición ou mais información, contactar con Coesco  polas seguintes vías:

☎️   986 572 025

📱     667 703 711 (tamén por whatsapp)

Ou a través do mail: 📧   Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.