ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA CONVOCA CURSOS DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO, VÁLIDOS PARA A RENOVACIÓN DA INSCRICIÓN NO REXISTRO PROFESIONAL DO PERSOAL DE SOCORRISMO, INFORMACIÓN E PRIMEIROS AUXILIOS

22. 02. 07

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n; A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

Destinatarios/as

Persoas inscritas no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2022. Non obstante, poderanse inscribir aquelas que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionadas no caso de existiren prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de dez (10) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220207/AnuncioO3C2-290122-0002_gl.pdf