MATRÍCULA LIBRE PARA AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN DA ESCOLA DE IDIOMAS , CURSO 2021-2022

21. 11. 18

A matrícula en modalidade libre está dirixida ao alumnado que só quere presentarse ás probas para certificar a súa competencia nas linguas que se ofrecen nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

INSCRICIÓNS:
Ata o 26/11/2021 ás 12.00 h.

REQUISITOS:
◾Ter 16 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2021 para matricularse nas probas de certificación do idioma que cursaran como primeira lingua estranxeira na ESO.
◾Ter 14 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2021 para matricularse nas probas de certificación de idiomas que non cursaran como primeira lingua estranxeira na ESO
◾Para matricularse nas probas de certificación dun determinado nivel non será necesario dispoñer do certificado do nivel ou niveis anterior(es)
◾Non estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
◾O alumnado que xa realizou estudos nunha EOI en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola no curso 2021-2022 deberá indicalo coa solicitude de matrícula para solicitar o traslado de expediente.

🗺As probas de certificación administraranse nas sedes das EOI. Non se administrarán probas nas seccións. Consultar a circular para máis información.

MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Consellería de educación: https://lnkd.in/dfiikhU2
🌐Inscrición: https://lnkd.in/d6ekvA73
🌐Circular 7/2021: https://lnkd.in/dRiVGJ8f