COESCO PON EN MARCHA O CURSO PARA A OBTENCIÓN DAS COMPETENCIAS CLAVE DE NIVEL 2 DE COMUNICACIÓN EN LINGUA CASTELÁ

21. 11. 15

Dende COESCO poñen en marcha Curso para obter a Competencia Clave de Nivel 2 de Comunicación en Lingua Castelá, precisa para aquelas persoas que, non reunindo os requisitos académicos, queiran acceder a formación para a obtención dos Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.

Trátase dun curso gratuíto preferentemente para persoas en situación de desemprego, con posibilidade de solicitar axudas para a formación dependendo dos supostos.

Cursarase un total de 138 h. entre as seguintes datas e horario:

  • Inicio: 22/11/2021
  • Remate: 5/01/2022
    • Horario: 9:00 a 14:00 h.

Data convocatoria selección: 16/11/2021, as 10:00 h.

Poden contactar con COESCO ou achegarse polo centro, incluso presentarse o mesmo día da convocatoria a hora especificada.

Rúa San Paio, 21 – 36680 A Estrada | Tel. 986 572 025  -  667 703 711

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.