CONVOCATORIA DO PROGRAMA EUROPEO DE INTERCAMBIOS PARA A MOCIDADE EMPRENDEDORA

21. 11. 12

Programa europeo de intercambios para mocidade emprendedora!
Estás a pensar en crear o teu propio negocio, ou ben acabas de facelo?
Ou quizais xa dirixes unha próspera empresa e gustaríache abrila a novos mercados, ou introducir novas ideas…
O Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora pode ser o que estás a buscar!

🎯O Erasmus para Mocidade Emprendedora é un programa de intercambios transnacionais que ofrece a emprendedores noveis e persoas que desexan crear unha empresa a oportunidade de aprender de empresarios experimentados que dirixen pequenas empresas noutros países participantes.

📌O intercambio de experiencias prodúcese no marco de estancias con persoas empresarias experimentadas durante as cales os/as novos/as emprendedores/as poderán adquirir as habilidades necesarias para dirixir unha pequena ou mediana empresa. As persoas anfitrioas benefícianse dunha nova perspectiva sobre o seu negocio e adquiren a oportunidade de cooperar con socios estranxeiros ou coñecer novos mercados.

💁‍♀️A túa principal ligazón durante o Programa Erasmus para Mocidade Emprendedora será o teu punto de contacto local. Estas entidades designadas pola Comisión Europea ofreceranche orientación ao longo do intercambio: axudaranche a presentar a solicitude e a establecer unha relación frutífera cunha persoa empresaria axeitada, ademais de resolver calquera dúbida.

👫Quen pode participar?
Novos/as emprendedores/as que están a planear seriamente crear o seu propio negocio ou que o fixeron no últimos 3 anos.
Empresarios/as experimentados/as que teñen en propiedade ou dirixen como socios/as unha pequena ou mediana empresa nos países participantes.

MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Portal Erasmus Entrepreneur: https://lnkd.in/d755gX4D
🌐O teu punto de contacto local: https://lnkd.in/d2wff6vt