CREA E CONSTITÚE A TÚA COOPERATIVA PASO A PASO

21. 10. 25

Espazocoop a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa no marco de CORUÑA EMPRENDE:

CREA E CONSTITÚE A TÚA COOPERATIVA PASO A PASO

👉 Obxectivos:
◾ Dar a coñecer á cidadanía en xeral e ás persoas emprendedoras en particular, o modelo empresarial das cooperativas e empresas da Economía Social. Visibilizándoas como fórmula acaída para a creación de emprego estable e de calidade, fixación da poboación no territorio, acceso das mulleres a postos de responsabilidade e limitación da fenda salarial, recuperación de empresas en crise, etc.
◾ Facilitar o acceso ao coñecemento e a formación das persoas residentes na cidade da Coruña a través de cursos de teleformación que permitan a participación en actividades formativas a distancia sen riscos para a saúde pero contando con todos os apoios e calidade da formación especializada de Espazocoop.
◾ Promover a creación dun ecosistema emprendedor no cooperativismo e na economía social na cidade da Coruña que se poida materializar, nun futuro próximo, na constitución de novas cooperativas que enriquezan o tecido produtivo da cidade.

👩🏻‍🤝‍🧑🏼 Destinatarias/os: persoas cunha idea de negocio e/ou proxecto empresarial interesadas en valorar a viabilidade de emprender baixo a fórmula cooperativa. Primarase a participación de persoas pertencentes a grupos promotores, ás que proveñan de empresas en crise, persoas traballadoras coa condición de autónomas, etc.

💻 Modalidade: en liña a través da plataforma de teleformación de Espazo Coop: http://aulaespazocoop.com./

📅 Datas: celebraranse 3 sesións virtuais de aprendizaxe os días 22 de novembro, 2 e 17 de decembro.

🕤 Horario: 9:30 a 11:00 h.

Duración: 40 horas.

📝 Inscrición (gratuíta):
https://lnkd.in/d_GXw83k

📌Para máis información:
https://lnkd.in/dCUAWizj
📧 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ☎ 881 887 456