FORMACIÓN PARA MELLORAR AS TÚAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO

21. 09. 10

No Portal de Emprego Galicia podes consultar a Oferta de Formación publicada e promovida por Emprego Galicia.

Atoparás Formación para o Emprego de Calidade, Regulada, Certificada e Gratuíta!

A través do Buscador de Formación do noso portal podes ver toda a formación ofertada en Galicia ou aplicar diferentes filtros de selección: Provincia, Concello,Especialidade, Situación laboral, Tipo de Formación, Compromiso de Contratación e Modalidade.

En cada unha das accións formativas atoparás a información máis relevante sobre elas: especialidade, contidos, nivel de certificado profesional, data de inicio prevista, horario, modalidade de impartición, localidade, centro de formación e datos de contacto do mesmo.

Como solicitar a formación?

1- A través da Oficina Virtual, a través do Persoal de Orientación, ou na túa Oficina de Emprego, para o caso de que a selección se realice por sondaxe xestionada por esta.
Ligazón Oficina Virtual: https://lnkd.in/dzMfEAF

2- Poñerte en contacto co centro de formación, no caso de que esta entidade teña optado pola selección directa das persoas participantes.

Se tes algunha dúbida sobre que formación realizar, os requisitos da mesma etc. podes solicitar unha cita de orientación laboral para que o noso persoal técnico especializado che asesore de forma personalizada en función do teu perfil e intereses.

Lembra que a Formación ofertada pode exixir requisitos académicos de acceso o cales deberás ter acreditados documentalmente na túa demanda de emprego.

 Para calquera trámite presencial na Oficina de Emprego debes solicitar cita previa.

Máis información:
Portal Emprego Galicia: https://lnkd.in/dUdVgZs
Vídeo tutorial de solicitude de formación: https://lnkd.in/dmxSnzhz