XUNTA DE GALICIA CONVOCA A 1ª EDICIÓN DO PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING

21. 08. 11

Programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Nº de prazas: 350.

Obxectivo: favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional. O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias, desde a educación non formal, para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea. As persoas mozas participantes contarán co contacto dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que lles ofrecerán asesoramento e apoio.

Requisitos persoas destinatarias:

- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
- Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Accións:

Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.

Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o futuro desenvolvemento profesional da persoa moza.

Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Duración: de setembro a decembro de 2021.

Solicitudes: a inscrición no programa realizarase de xeito telemático a través da seguinte páxina web: https://lnkd.in/dac9fBKV

Prazo: ata o 10/09/2021.

Para máis información sobre o programa:
◾ Web do programa en: https://lnkd.in/d6RUTuHJ
◾ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.