FADEMGA ORGANIZA UNHA XORNADA PARA A PRESENTACIÓN DA SÚA GUÍA EMERXENCIA SOCIAL

21. 06. 23

Dende a Federación veñen de elaborar unha "Guía de emerxencia social en lectura fácil" para facilitar o acceso a servizos sociais a todas as persoas interesadas, pero especialmente pensando nas persoas con discapacidade intelectual e ou do desenvolvemento que puideran precisar esta información de maneira accesible. Trátase dunha guía elaborada como parte do noso programa "Collendo impulso", que está financiado pola Xunta de Galicia grazas ás persoas que marcan a "X Solidaria" na súa declaración da renda.

Considerando que será unha ferramenta que facilitará a comunicación de moitas entidades cos seus usuarios e usuarias, convidamos a todos aqueles profesionais de entidades interesadas a participar na presentación.

Dito encontro terá lugar en Santiago de Compostela, o vindeiro luns 28 de Xuño de 2021 nas instalacións do Cersia (Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, Santiago de Compostela), en horario de 10 a 13.30h.

Se estás interesado/a en participar, tan só tes que cubrir a inscrición e enviala cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o vindeiro 24 de xuño.

Podes descargar tanto a inscrición como o programa da xornada neste enlace