CEXTEC ORGANIZA OBRADOIRO CON FINSA

21. 06. 23

"O talento como motor de crecemento". O obxectivo destas xornadas é achegar a realidade empresarial ás persoas desempregadas, para coñecer os perfís profesionais e as competencias para o emprego que máis se valoran na empresa, así como os seus procesos de selección.

O obradoiro con Finsa será o próximo martes 29 de xuño ás 11.00 h. no edificio Cersia.

A xornada diríxese prioritariamente a persoas desempregadas con estudos de bacharelato, ciclos de formación profesional (ou equivalentes), ou ben con experiencia no ámbito industrial.

Hai límite de prazas e é imprescindible a inscrición previa na web do CEXTEC.

INSCRÍBETE: https://www.cextec.com/obradoiro-finsa/?fbclid=IwAR1u_37sepXIqZWL8blhSrV-aXcr3n19TXqAQXIqTPgxGJ55xu8_Zw7m0vQ