CONVOCATORIA DOS PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA AO ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL QUE OBTIVESE AS MELLORES CUALIFICACIÓNS NO CURSO 2019-2020

21. 06. 08

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Concederase un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se imparta ao alumnado que finalizase no curso académico 2019/20, os estudos correspondentes a un dos cursos, agás o derradeiro da titulación.

Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.

No ámbito de aplicación desta convocatoria están incluídos:
a) Os graos oficiais impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) Os programas de simultaneidade de graos impartidos nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210608/AnuncioG0598-280521-0005_gl.pdf