QUERES OBTER O TEU BORRADOR DA DECLARACIÓN DA RENDA? EXPLICÁMOSCHE COMO

24. 04. 18

Este borrador non é o resultado final, pois é posible que non conteña todos os datos, só os que facenda xa coñece, por exemplo se estás afiliado a un sindicato, pode ser que non as túas cotas non estean introducidas no borrador.

É máis, aínda que o borrador sexa cousa da propia Axencia Tributaria, a túa obrigación é revisar que os datos so correctos, se presentar o borrador con información errónea, aínda que sexa por culpa da administración, podes ser sancionado por tentar enganar a Facenda.

Para consultar o borrador da Renda, debes acceder á sede electrónica da Axencia Tributaria. Entrar na apartado «Información e xestións» e entrar en IRPF: https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/irpf.html

Unha vez dentro entrar no «Servizo tramitación de borrador /declaración»: https://www2.agenciatributaria.gob.es/wlpl/BUCV-JDIT/AutenticaDniNieContrasteh?ref=%2Fwlpl%2FOVCT-CXEW%2FSelectorAcceso%3Frep%3DS%26ref%3D%252Fwlpl%252FDASR-CORE%252FAccesoDR2021RVlt%26aut%3DCPR

Tes dúas opcións para acceder ao teu borrador, identificándote introducindo o teu DNI e a data de validez ou ben utilizando o certificado dixital ou DNI electrónico. Unha vez identificado apareceranche as opcións dispoñibles:

Polo momento, o borrador da renda 2022, non está dispoñible ata que se abra a campaña da Renda. Cando estea dispoñible só terás que revisalo e entón poderás: Se todo está correcto, confirmar o borrador e proceder á súa presentación. No caso de que falte algún dato ou algún non sexa correcto, proceder á súa modificación.