O GOBERNO APROBA AS REBAIXAS NAS RETENCIÓNS DO IRPF PARA AS RENDAS BAIXAS E MEDIAS

24. 03. 20
O Consello de Ministros aprobou no ano 2023 un real decreto polo que se modifica o Regulamento do IRPF, aprobado polo Real Decreto 439/2007, do 30 de marzo, en materia de retencións e ingresos a conta.
 
Na práctica, a medida supón unha rebaixa do IRPF para compensar as retencións ao incremento do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) en 2024, que se eleva un 5% ata os 1.134 euros ao mes, co obxectivo de que as persoas que cobren ese soldo non soporten retencións do imposto na súa nómina.
 
En concreto, a norma proposta polo Ministerio de Facenda implica elevar a contía mínima para practicar retencións no IRPF. É algo que o Goberno xa realizou o ano pasado ao estender de 14.000 euros a 15.000 euros ese importe mínimo. Agora amplíase aínda máis ata os 15.876 euros, o equivalente para cobrar o SMI anual de 2024.
 
Con todo, os colectivos afectados por esta redución das retencións no IRPF son máis amplos e, dada a progresividade do imposto, alcanza a rendas de ata 22.000 euros. Por tanto, a rebaixa das retencións do IRPF beneficia a 5,2 millóns de contribuíntes, especialmente asalariados e pensionistas de rendas baixas e medias, que lograrán un aforro de 1.385 millóns de euros.
 
*Exemplos de beneficiados/as por esta rebaixa:
 
A rebaixa das retencións no IRPF aprobada, igual que ocorreu coa realizada o ano pasado, beneficia a diversos colectivos de traballadores/as que van máis aló de quen cobra o SMI. De feito, tamén beneficia á maior parte de pensionistas.
 
Para comprobar mellor o alcance do seu impacto expóñense a continuación varios exemplos:
 
1) Unha persoa que gañe o SMI pagará este ano en retencións de IRPF moito menos que en 2018, co modelo fiscal do anterior Executivo do Partido Popular. En concreto, alguén que cobre 15.876 euros ao ano, é dicir, o SMI de 2024, pasaría de soportar en 2018 unha retención do 7% e pagar 1.111 euros de IPRF a ver rebaixadas as súas retencións xa en 2023 ao 2% e, agora, en 2024, ao 0%.
É dicir, co decreto aprobado polo goberno, esa mesma renda non terá retencións no IRPF, o que supón un aforro de 1.111 euros fronte ao que pagaba en 2018.
 
2) Unha asalariada que gañe 18.502 euros, que corresponde ao soldo máis frecuente, segundo o INE, en 2018 tiña unha retención de 2.000 euros no IRPF. En 2023 xa se rebaixou a retención a 1.328 euros e en 2024 será de 1.128 euros. É dicir,  o salario máis frecuente en España paga en retencións de IRPF case a metade do que pagaba en 2018.
 
3) Unha traballadora casada con dous fillos de 5 e 7 anos que gaña 20.000 euros anuais pasaría dunhas retencións no IRPF de 1.852 euros en 2018 a 1.429 euros en 2023. Agora, coa nova rebaixa terá que soportará 1.346 euros en retencións. Isto significa que con este Goberno pagará un 27% menos en retencións de IPRF que co anterior en 2018.
 
4)A rebaixa das retencións do IRPF aprobada hoxe tamén beneficia aos pensionistas. Por exemplo, un xubilado entre 65 e 75 anos que cobra unha pensión de 1.214 euros ao mes (17.000 euros anuais), en 2018 tiña unha retención no IRPF de 1.462 euros. En 2023 xa se reduciu a 601 euros. E, en 2024, a retención apenas será de 224 euros. Isto supón que este pensionista pagará este ano en retencións de IRPF un 85% menos que en 2018.