XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS ESPECIALIZADAS EN PRODUCIÓN VEXETAL (FONDOS FEADER)

Consellería do Medio Rural

ORDE do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR419A).

Poderán acollerse a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas inscritas no Reaga con orientación técnica económica principal en:

1. Horticultura ao aire libre.

2. Horticultura en invernadoiro.

3. Horticultura e cultivos diversos.

4. Cultivos leñosos.

5. Sementes e plántula de hortalizas.

6. Pataca.

Requisitos para todas as persoas beneficiarias

Ademais de cumprir a condición de persoa beneficiaria establécense, para todos, as seguintes condicións de admisibilidade:

1. Ser titular, na data da solicitude da axuda, dunha explotación agraria inscrita, polo menos cun ano de antigüidade, no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), de acordo co Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia. Non será necesario o cumprimento deste requisito no suposto de ser un solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023 (submedida 6.1 do PDR), ou de producirse unha fusión entre diferentes explotacións.

2. Os solicitantes persoas físicas deberán ter dezaoito anos feitos e non ter alcanzado a idade xubilación.

3. Posuír a capacitación profesional suficiente no momento da solicitude, o cal se acreditará segundo se establece no Decreto 200/2012, agás no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.

4. Cumprir a condición de agricultor activo no momento da solicitude. No caso de persoas agricultoras mozas, esta condición deberase cumprir dentro dos 18 meses seguintes á data de instalación.

5. Dispoñer dunha contabilidade específica Feader ou dun código contable específico, no cal deben estar incluídos os gastos declarados para esta axuda.

6. A renda unitaria de traballo, no momento de realizar a solicitude, debe ser igual ou superior ao 35 % da renda de referencia, excepto no caso dun solicitante da axuda para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, convocatoria 2023.

7. O volume de traballo necesario para o mantemento da explotación debe ser, como mínimo, dunha UTA.

8. Comprometerse a exercer a actividade agraria na explotación obxecto da axuda durante, polo menos, cinco años contados desde a data de pagamento da axuda.

9. Levar a cabo un plan que mellore o rendemento global da explotación.

10. Establécese un investimento mínimo subvencionable de 5.000 € e un volume total de investimento máximo subvencionable de 120.000 €/UTA, cun máximo de 500.000 €/ persoa beneficiaria nun período de catro anos (importes cobrados nos últimos catro anos da submedida 4.1, desde a data de solicitude de pagamento do expediente ata a data de solicitude da axuda).

11. Cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230803/AnuncioG0426-260723-0001_gl.pdf