AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN CONVOCA AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme), cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN848D).

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e en plans de innovación en procesos e organización, segundo a súa finalidade, e que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñados cos retos da RIS3 para Galicia (código de procedemento IN848D). Deste xeito, nestas axudas diferéncianse dous tipos de plans:

Plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade (liña 1-Deseñapeme), que comprenden aqueles procesos destinados á resolución de problemas e exploración de oportunidades, pode incluír innovacións non tecnolóxicas ou tecnolóxicas, e ten un alcance ou aplicación nos eidos de creación de novos produtos, deseño de produtos ou redeseño de existentes, deseño de servizos e experiencias a través dos servizos, e a estratexia de marca e posicionamiento desta. Así coma as actividades de apoio e asesoramento en materia de innovación que a complementan.

Plans de innovación en procesos e organización (liña 2-Innovapeme), constituídos por un conxunto completo e coherente de actividades enfocadas a implementar melloras significativas nas funcións empresariais relacionadas coa produción, prestación e distribución de produtos, bens e servizos, así como nos métodos organizativos e prácticas comerciais empregadas pola empresa, e que permitan incrementar a capacidade innovadora dando lugar a diferenzas substanciais, non exclusivamente tecnolóxicas, coas prácticas anteriores.

Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo

2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. As entidades do terceiro sector deben ter actividade económica e entrar dentro da categoría económica de peme indicada no punto 3 do artigo 2. 2. As entidades beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23 da presente resolución.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230712/AnuncioG0198-300623-0001_gl.pdf