CONSELLERIA DE POLITICA SOCIAL CONVOCA PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería, e se convocan para o curso académico 2023/24 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D)

Persoas beneficiarias

1. A adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude para o curso académico 2023/24 destínase a persoas estudantes e persoas traballadoras que cumpran os requisitos xerais e específicos establecidos na convocatoria. Así mesmo, coa adxudicación de prazas destínase unha liña de bolsas para persoas estudantes colaboradoras que ademais dos requisitos xerais cumpran os requisitos específicos establecidos para a súa concesión.

2. Así, poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais: a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude. b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

3. As persoas estudantes que soliciten prazas nas residencias sen bolsas deberán reunir os seguintes requisitos específicos (código de procedemento BS303B):

a) Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2023.

b) Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.

c) Que no concello onde radique a súa residencia habitual, debidamente acreditada a través do certificado de residencia con data de última variación de padrón da persoa solicitante, non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230703/AnuncioG0657-200623-0003_gl.pdf