IGVS CONVOCA AXUDAS PARA A ELABORACIÓN DO LIBRO DO EDIFICIO EXISTENTE PARA A REHABILITACIÓN E A REDACCIÓN DE PROXECTOS DE REHABILITACIÓN (FONDOS EUROPEOS DE RECUPERACIÓN) (2)

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2023 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2023, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

Constitúen actuacións subvencionables as seguintes:

a) A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).

b) A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B). 

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

Os edificios obxecto das actuacións subvencionables a través deste programa debe‑ rán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar rematados antes do ano 2000.

b) Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

Persoas ou entidades beneficiarias

1. Ao abeiro do artigo 51 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.

b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.

d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 2 de outubro de 2023, agás que, con anterioridade, se esgotase o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no DOG e na páxina web do IGVS mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

 LISTAXE PERSOAL TÉCNICO PARA ELABORACIÓN DE DOCUMENTACIÓN REHABILITACIÓN VIVENDAS

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230615/AnuncioC3Q2-050623-0001_gl.pdf