MINISTERIO DE INDUSTRIA CONVOCA AXUDAS PARA APOIAR A TRANSFORMACIÓN DIXITAL E A SUSTENTABILIDADE

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Industria e Peme, lanzou dúas liñas de axudas por valor de 218 millóns de euros para impulsar a transformación dixital e ecolóxica da industria.
 
Este luns abriuse o prazo de presentación de solicitudes para que as empresas opten ás axudas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no ano 2023.
 
Dous novos programas de axudas para a #dixitalización e a transición ecolóxica da industria.
 
➡️Liña I+D+i por 188 M€
➡️Liña Activa Financiamento por 30 M€
 
A primeira é a Liña I+D+i, que ten como obxecto fomentar a execución de plans de innovación e de sustentabilidade no ámbito da industria manufactureira. Está dotada con 188 millóns de euros, dos cales 74 son en forma de subvención e 114 en forma de préstamos reembolsables ao tipo de interese do 0% e cun prazo de amortización total de 10 anos con 3 anos de carencia.
 
 
Acceda ás axudas á iniciativa Industria Conectada 4.0 / ACTIVO Financiamento a través da seguinte ligazón: https://www.mincotur.gob.es/portalayudas/industriaconectada/Paginas/Index.aspx
 
Prazo de solicitude: 27 de xuño