IGAPE PUBLICA AS BASES REGULADORAS DO MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2023 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 29 de setembro de 2023, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos: a) Teñan o seu domicilio fiscal e desenvolvan a súa actividade económica en Galicia. b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I ás bases reguladoras.

As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230511/AnuncioO92-020523-0002_gl.pdf