CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDAS AO ABEIRO DOS FONDOS FEDER DESTINADAS Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO A PERSOAS FÍSICAS OU XURÍDICAS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS OU GANDEIRAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á prestación de servizos de asesoramento a persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións agrícolas ou gandeiras, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR616B).

Unicamente poderán ser beneficiarias as entidades privadas recoñecidas ou autorizadas como entidades prestadoras de servizos de asesoramento inscritas no Rexistro de Entidades con Servizos de Asesoramento ou Xestión de Galicia e que presten servizos a titulares de explotacións agrarias que estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221013/AnuncioG0426-031022-0002_gl.pdf