DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CONVOCATORIA DE PARTICIPACIÓN NAS ACCIÓNS DO PROGRAMA DE APOIO AO EMPREDEMENTO, CRECEMENTO EMPRESARIAL E INNOVACIÓN E A I EDICIÓN DOS PREMIOS AO EMPRENDEMENTO SMARTPEME, ACTUACIÓNS REALIZADAS EN COA FUNDACIÓN ROBERTO RIVAS

Poderán solicitar as accións do Programa de apoio ao emprendemento, crecemento empresarial e innovación as persoas físicas maiores de dezaseis (16) anos, residentes na provincia de Pontevedra, que conten coa preparación técnica e dispoñibilidade para desenvolver as actividades previstas, así como as pequenas e medianas empresas da provincia de Pontevedra, que poderán participar a través dun máximo de catro persoas por acción.

Constitúe o obxecto destas bases aprobar e regular a convocatoria pola que se rexen as solicitudes de participación no Programa de apoio ao empredemento, crecemento empresarial e innovación, na I Edición dos premios ao Emprendemento Smartpeme, que se outorgan en colaboración coa Fundación Roberto Rivas.

A participación nas distintas accións do Programa e a concesión dos premios efectuarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como os de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos.

O prazo para a presentación de solicitudes de participación ás acción do Programa comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) remando:

• o 2 de setembro de 2022 para a acción 1–I Aceleradora de empresas SmartPeme

• o 20 de setembro de 2022 para a acción 2–I Programa de crecemento empresarial

• 20 de outubro de 2022 para a acción 3–V Aceleradora de empresas do sector turístico

O prazo para a presentación de solicitudes aos premios comezará o 15 de setembro de 2022 para todos os premios, remando:

• 31 de outubro de 2022 para os premios da I Aceleradora de empresas SmartPeme

• 25 de novembro de 2022 para os premios do Programa de crecemento empresarial

• 9 de decembro de 2022 para os premios da V Aceleradora de empresas do sector turístico

• 18 de novembro de 2022 para os premios do II Concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/08/24/2022055492