XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS A CENTROS PRIVADOS CONCERTADOS PARA A CONTRATACIÓN DE AUXILIARES DE CONVERSA

Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ORDE do 15 de decembro de 2020 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

As axudas reguladas nesta orde poderán utilizarse para:
1. A contratación de auxiliares de conversa que realizarán funcións de apoio á docencia da lingua estranxeira no centro docente.
2. A adquisición de material específico que sexa necesario para o desenvolvemento das clases de conversa, de carácter ordinario e non inventariable. Para a adquisición de material non poderá superarse o 10 % da axuda concedida.

Segundo a puntuación acadada polo proxecto, concederanse as seguintes subvencións:

a) Proxectos cunha valoración de 14 ou máis puntos: 6.000 €.
b) Proxectos cunha valoración de 13 puntos: 5.500 €.
c) Proxectos cunha valoración de 12 puntos: 5.000 €.
d) Proxectos cunha valoración de 11 puntos: 4.500 €.
e) Proxectos cunha valoración de 10 puntos: 4.000 €.
f) Proxectos cunha valoración de 9 puntos: 3.500 €.
g) Proxectos cunha valoración de 8 puntos: 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210114/AnuncioG0598-281220-0003_gl.pdf