CONSELLERIA DE MEDIO RURAL CONVOCA AXUDA PARA O FOMENTO DE UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA

Consellería do Medio Rural

ORDE do 3 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR351A).

Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou as sociedades agrarias de transformación.

Serán subvencionables os seguintes investimentos:

a) Maquinaria agrícola.

b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

Non se subvencionarán:

a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.

b) O IVE e outros impostos.

c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin as máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.

d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.

e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.

f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns

O importe da axuda que se concederá a cada beneficiario será do 35 % dos custos elixibles, que se poderán incrementar ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios: 5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas; e 10 % por investimentos colectivos cando o beneficiario procede dunha fusión de cooperativas. 

 O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (20 DE OUTUBRO)

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210921/AnuncioG0426-080921-0001_gl.pdf