AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL CONVOCA AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

Axencia Galega da Industria Forestal
RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as
axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento
IN500B).

Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

Os/as solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe do seu imorte ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos, o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 18 meses anteriores á data publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento.

O persoal en réxime de autónomos non se computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.
Para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego, o persoal contratado a tempo parcial computarase porcentualmente ao tempo que conste no contrato de traballo ou na vida laboral da empresa.

Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.
f) Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de selos de calidade, marcas de garantía, marcas colectivas ou implantación da marcación CE de produtos e condicionados á obtención destes dentro do prazo de xustificación da axuda.
g) Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio

Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 50 % dos gastos elixibles.
A axuda máxima por solicitante limitarase a 200.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210525/AnuncioG0520-100521-0002_gl.pdf