on 08 Xaneiro 2026
Coesco Deza selecciona UN/HA TÉCNICO/A DE CALIDADE (Silleda):
Para reforzar o seu departamento de calidade e seguridade alimentaria.
 
Requisitos:
• Licenciatura ou Grao en titulacións relacionadas: Nutrición, Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Bioquímica, Farmacia, Bioloxía, ou similares.
Valorarase formación e/o experiencia en:
Sistemas APPCC
ISO 9001 e/o ISO 22000
 
Funcións:
• Supervisión, mantemento e seguimento do plan APPCC implantado na empresa.
• Creación e elaboración de procedementos de traballo, pautas, protocolos e instrucións para os traballadores.
• Realización de controis internos de calidade e seguridade alimentaria.
• Colaboración en auditorías e inspeccións de entidades públicas e privadas.
• Aplicación e revisión dos requisitos legais e outros requisitos complementarios en materia de alimentación.
• Colaboración cos equipos operativos para garantir a definición e o cumprimento dos obxectivos de seguridade e inocuidade alimentaria.
 
Condicións:
• Salario: 1.485,25 € brutos mensuais en 12 pagas
•Salario negociable en función da valía e experiencia do candidato/a.
• Posto estable con posibilidade de desenvolvemento profesional.
Tipo de contrato: Indefinido
Xornada: Completa
 
Persoas interesadas enviar o seu CV a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: TÉCNICO/A DE CALIDADE
on 30 Decembro 2025

Multinacional da Industria de Alimentación busca técnico/a mantemento para planta envases no Barbanza.

Ofrécese:

Posto de traballo estable nunha empresa líder no sector.

Precísase:

  • FP medio ou superior relacionada coa mecánica (coma Mecatrónica / Mantemento buques ou vehículos / Instalacións automáticas / Automatización / Automoción / Electromecánica / Mecanizado / Fabricación Mecánica.
  • Se non tes algunha das FP anteriores pero tes outros estudos e polo menos 1 ano de experiencia como técnico/a de mantemento, esta oferta tamén pode ser para ti.
  • Dispoñibilidade para traballar no Barbanza.
  • Dispoñibilidade para facer quendas de mañá / tarde / noite / fins de semana.

Se estás interesado/a podes contactar coa consultora de RRHH Go People&Talent no  633 67 61 29 ou por email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 10 Decembro 2025

Requisitos:
- Valorable experiencia previa realizando as tarefas descritas.
- Persoa con proactiva e dinámica.
- Valorable residencia próxima ao posto de traballo.

Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: Operario/a Cárnico

on 27 Novembro 2025
Para liderar e coordinar a operativa completa da área de negocio. Este rol estratéxico implica a xestión integral desde a fase de licitación ata a execución e peche de proxectos, asegurando rendibilidade, calidade e cumprimento normativo.
 
Requisitos e cualificacións:
· Formación académica superior:
Imprescindible titulación de Enxeñería Técnica ou Superior (preferiblemente Eléctrica ou Industrial).
· Experiencia demostrable:
Valorable mínimo de 2 anos de experiencia no sector de instalacións eléctricas.
Valorable experiencia sólida (polo menos 2 anos) en xestión de equipos, dirección de proxectos, oficina técnica ou posto similar de responsabilidade.
· Coñecementos técnicos avanzados:
Dominio da normativa vixente (REBT, CTE, Normas UNE etc.)/ etc.).
 
Experiencia en deseño e análise de proxectos de media e baixa tensión, sistemas de control, eficiencia enerxética e, preferiblemente, enerxías renovables.
Coñecemento avanzado de software específico (AutoCAD, Presto, Dialux, programas de cálculo eléctrico, Paquete Office, Distrito-k etc.)/ etc.).
 
Oferta de traballo xestionada polo departamento de emprego do Concello da Estrada:
Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: RESPONSABLE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS
on 19 Novembro 2025

- Para unha substitución

Requisitos:
- Persoa con ganas de traballar
- Dispoñibildade para traballar a xornada partida de 9.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
- Xornada de luns a venres e sábados de 10.00 a 14.00 horas.

Oferta de traballo xestionada polo departamento de emprego do Concello da Estrada:
Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: DEPENDENTE/A