Renfe, anunciou unha nova convocatoria de emprego público para cubrir 650 prazas.
 
As prazas convocadas son para operarios/as comerciais e persoal de taller que se suman ás 600 prazas previamente anunciadas para maquinistas, o que se traduce que este ano se espera a incorporación dun total de 1.361 novos traballadores para a compañía ferroviaria.
 
Concretamente, convocou 330 prazas de operador/a comercial de ingreso, postos aos que xa te podes inscribir se estás interesado/a.
 
Logo hai outra convocatoria de 320 postos de talleres da empresa, en especialidades como electricidade-electrónica, axustador-montador e máquinas. Aínda que para estes postos o prazo de inscrición abrirase o 20 de abril.
 
Ademais destas prazas, tamén convocará outras 40 prazas específicas para a especialidade de mantemento de material ferroviario, dentro da modalidade de Formación Profesional Dual coa que Renfe colabora desde hai 10 anos.
 
Requisitos:
 
-Para os postos de Operador/a Comercial de Ingreso de ámbito Estatal:
 
Coñecemento adecuado do castelán.
Estar en posesión do título de Bacharel
Dispoñibilidade para realizar traballo a quendas.
Dispoñibilidade xeográfica.
Valoraranse afectos de méritos estar en posesión do Nivel B1 ou superior, segundo MCERL, dos idiomas inglés, francés e/o alemán.
 
Se o teu perfil cumpre con estes requisitos, tes ata o 24 de abril para inscribirte.
 
Como inscribirse: 
 
Como todos os procesos de emprego en Renfe, para inscribirse hai que realizar un abono de 15 euros en concepto de “dereitos de participación”, seguindo as indicacións que se indican no formulario de inscrición ao que debes acceder desde a web de Renfe.
 
Desde a ligazón anterior lévache directamente á oferta de emprego onde se recollen todas as bases da convocatoria. Atoparás o botón «acceder formulario de inscrición» que deberás pulsar para realizar a túa inscrición.