Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de xullo 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir seis (6) prazas do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, correspondentes á oferta de emprego público de 2022, polas quendas de promoción interna e de acceso libre, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 22 de decembro (DOG núm. 245, do 27 de decembro): seis (6) prazas de acceso libre

Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230707/AnuncioG0597-040723-0001_gl.pdf