Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021 pola que se convocan probas selectivas para o acceso á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, vacantes no cadro de persoal funcionario, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Convócanse probas selectivas para cubrir sete (7) prazas na escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas, subgrupo A2, polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

O número total de vacantes reservadas á quenda de promoción interna ascende a dúas (2) prazas.

O número total de vacantes reservadas á quenda de acceso libre ascende a cinco (5) prazas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211124/AnuncioG2018-121121-0002_gl.pdf