Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2021 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado
polas universidades do Sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2021 (código de procedemento ED702B).

Poderán presentar a súa solicitude todas aquelas persoas que posúan o título de doutor e non se atopen en ningún dos supostos regulados no artigo 4 da Orde da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 17 de setembro de 2009, pola que se regula a avaliación e informe do consorcio ACSUG previos á contratación de profesorado contratado doutor, de universidade privada e axudante doutor.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210705/AnuncioO601-230621-0001_gl.pdf