Número de prazas convocadas e distribución das mesmas
En total, convócanse sete prazas polo sistema xeral de acceso libre coa seguinte distribución:

Laboratorios Agroalimentarios: 2
Laboratorios de Sanidade e Xenética Animal: 2
Laboratorio de Sanidade e Hixiene Vexetal: 2
Agroalimentaria e Pesqueira: 1
Titulación
Requirirase estar en posesión o título Universitario de Grao ou os actualmente vixentes de Licenciatura, Enxeñería Superior ou Arquitectura ou en condicións de obtelo antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación a quen obtivese o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das Disposicións de Dereito Comunitario.

A presentación da solicitude realizarase no prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», exclusivamente a través de medios electrónicos.

https://www.boe.es/boe/dias/2021/06/22/pdfs/BOE-A-2021-10360.pdf