Consellería de Facenda e Administración Pública
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2021 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo
superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

O obxecto do proceso selectivo será cubrir oito (8) prazas do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2019, segundo se detalla:
– Oferta de emprego público do exercicio 2019, aprobada polo Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril): oito (8) prazas de acceso libre, das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210423/AnuncioG0597-140421-0004_gl.pdf