FUNDACIÓN SEPI CONVOCA BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA MOZOS/AS CON GRAO SUPERIOR EN FP

22. 11. 16
A convocatoria para optar a un período formativo nos centros de CESA en Xetafe e Sevilla estará aberta ata o 24 de novembro
 
A Fundación SEPI convocou bolsas de formación práctica na Compañía Española de Sistemas Aeronáuticos (CESA), dirixidas a persoas tituladas de grao superior de formación profesional.
 
O prazo de solicitude finaliza o xoves 24 de novembro.
 
As bolsas terán unha duración inicial de seis meses, con posibilidade de ampliación, e desenvolveranse nos centros que ten CESA en Xetafe (Madrid) e Sevilla.
 
A formación práctica poderá realizarse en remoto, de forma presencial ou alternando ambas as modalidades.
 
A asignación económica mensual será de 780 euros e o inicio do período formativo está previsto o 25 de xaneiro de 2023.