CONSELLO DA CULTURA GALEGA CONVOCA 2 BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA VELÁZQUEZ EN MADRID

22. 06. 23

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexerán a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR970A).

A contía das bolsas, por todos os conceptos, será de 1.100,00 euros mensuais.

As bolsas finalizarán o 31 de decembro de 2022 e terán unha duración máxima de tres (3) meses.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación sinalada na base sexta será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220623/AnuncioO111-100622-0002_gl.pdf