CONVOCATORIA DAS BOLSAS AVENIR-DESTINO FRANCIA PARA ESTUDAR NUNHA UNIVERSIDADE OU GRANDE ÉCOLE

22. 04. 07

As bolsas Avenir para estudantes residentes en España permiten realizar estudos superiores ou facer prácticas en Francia o próximo curso.

Estas axudas, convocadas pola Embaixada de Francia en España coa Asociación Diálogo, diríxense a estudantes españois e hispano-franceses que teñen residencia en España e cursen estudos de grao, máster ou doutoramento.

O principal criterio para concedelas é o económico, xa que teñen en conta as rendas familiares da persoa interesada, que tamén debe ter un bo dominio do idioma francés.

Nesta edición presentáronse 35 institucións para participar no programa.
 
A distribución das bolsas realízase da seguinte forma:
 
– 32 bolsas pertencen a grandes escolas de negocios e management
– 16 bolsas á Embaixada de Francia en España
– 14 bolsas de escolas de enxeñería
– 11 de grandes escolas especializadas
– Máis de 8 bolsas de universidades españolas
– 4 de universidades e institutos de estudos políticos
– 4 de estudos de empresas
- A Embaixada de Francia en España ofrece 16 bolsas, 6 de 7.000 euros para grao, outras 6 pola mesma cantidade para másteres, e 4 bolsas de 4.000 euros para o nivel de doutoramento.
- Ademais, entre as universidades españolas que participan con 10 bolsas entre 1.000 e 3.000 euros son a Universidade de Alcalá, a Universidade Politécnica de Madrid, a Universidade Complutense, a Universitat Pompeu Fabra e a Universidade do País Vasco.
- Pola súa banda, empresas como BNP Paribas ou Carrefour ofrecen bolsas de entre 3.000 e 10.000 euros.
 
Importe e inscricións
En xeral, o importe das bolsas para a totalidade do curso encádrase entre 1.000 e 10.000 euros.
 
Aínda que cada unha das organizacións impón os seus propios criterios de selección, os/as interesados/as deben completar o formulario en liña de inscrición e achegar o expediente académico, o certificado de renda familiar e o currículo vitae.
 
As persoas candidatas que se consideren admisibles terán que superar unha entrevista. Para poder ser elixido/a é necesaria a inscrición a título individual no establecemento de destino, xa que as bolsas son atribuídas tras a presentación dunha carta de aceptación oficial do organismo en Francia.
 
A matriculación e a xestión do aloxamento en Francia serán por conta do/a interesado/a.
 
A data límite para presentar as candidaturas é o 20 de maio.