CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE CONVOCA 20 BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE MUSEOS CORRESPONDENTES AO ANO 2022

21. 12. 21

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2022 (código de procedemento CT110B)

O número de bolsas convocadas será de vinte (20), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 10 desta convocatoria.

Das vinte bolsas convocadas, farase unha reserva de cinco (5) bolsas destinadas exclusivamente a persoas graduadas ou con titulación equivalente que rematasen os estudos no curso 2016/17 ou posteriores. No caso de quedar deserta a reserva de praza nalgunha das especialidades, acudirase á listaxe na modalidade xeral da especialidade correspondente.

As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co centro de destino.

As bolsas convócanse con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, por un importe total de cento catorce mil euros (114.000,00 €).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211221/AnuncioG0598-031221-0002_gl.pdf