FUNDACIÓN BIODIVERSIDADE CONVOCA 22 BOLSAS DE FORMACIÓN

21. 08. 17
O obxectivo desta convocatoria é conceder 22 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria, de formación profesional ou certificado de profesionalidade no ámbito das competencias da Fundación Biodiversidade, de acordo aos perfís requiridos
 
Beneficiarios/as:
 
Poderán solicitalas aquelas persoas físicas que reúnan os requisitos establecidos nas Bases Reguladoras para a concesión de bolsas de formación relacionadas cos fins da Fundación Biodiversidade.
 
As axudas de formación terán unha duración de máxima de doce meses improrrogables
 
Prazo de presentación de solicitudes
 
O prazo para presentar solicitudes comezará o día seguinte á data de publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado núm 195 de luns 16 de agosto de 2021, e finalizará o día 10 de setembro de 2021, nos termos e condicións especificados nas bases reguladoras. O texto completo da convocatoria, así como o resto da información relevante do proceso estará publicado na páxina web da https://www.fundacion-biodiversidad.es/es