VALEDOR DO POBO CONVOCA DÚAS BOLSAS DESTINADAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE PSÍQUICA PARA A FORMACIÓN PRÁCTICA NESTE ORGANISMO

21. 08. 09

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2021 pola que se convocan dúas bolsas destinadas a persoas con discapacidade psíquica para a formación práctica neste organismo.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir todos os seguintes requisitos:

– Ser persoas con discapacidade psíquica (ou a causa de enfermidade mental) nun grao igual ou superior ao 33 %.

– Non contar con experiencia laboral, nin por conta propia nin por conta allea, nos últimos dous anos, contados a partir da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou, canto menos, que a dita experiencia non exceda os catro meses en tal período de dous anos.

A bolsa comprende as seguintes asignacións:

a) Unha asignación mensual de 600 euros.

b) Un seguro que inclúa como garantías o falecemento e a invalidez permanente por accidente, que cubra o período de duración da bolsa, cun importe máximo de 300 euros.

Cada unha das bolsas terá a duración de seis meses e desenvolveranse de forma sucesiva. As bolsas non poderán ser prorrogadas. Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210806/AnuncioG2022-280721-0001_gl.pdf