KARBONIUS SELECCIONA UN/HA PULIDOR/A (MILLADOIRO-AMES)

23. 09. 25

En Karbonius estamos a buscar unha persoa para o posto de pulido.

Buscamos unha persoa responsable e meticulosa, con formación e experiencia en pulido de carrocerías.

Valorarase a destreza en xeral, as gañas de aprender e a facilidade para traballar en equipo.

RESPONSABILIDADES E FUNCIÓNS DO POSTO

  • Procura de imperfeccións en pezas de carrocería.
  • Lixado e pulido de imperfeccións.
  • Revisión de Calidade.
  • Limpeza e desengraxe de pezas para vernizado.
  • Solicitude e recepción de materiais de pulido.

REQUISITOS DO POSTO

  • Formación académica: Grao FPII en Pintura ou similar. 
  • Manexo de PC e correo electrónico nivel usuario.
  • Experiencia mínima de 2 anos nun posto con funcións similares.

QUE OFRECEMOS?

  • Contrato indefinido 
  • Xornada completa en horario rotatorio semanal, de 7 a 15 ou de 15 a 23 horas
  • Salario segundo convenio.
  • Posibilidade de crecemento dentro da organización.
  • Formación Continua.

Esta descrición encaixa contigo? Envíanos o teu CV a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.