CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
ORDE do 6 de maio de 2026 pola que se convoca a primeira edición do ano 2026 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B).
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 desta orde. Para seren beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o disposto no artigo seguinte.
Cada bono terá un valor de ata 30 €.
En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:
– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.
– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.
- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.
Todas estas contías enténdense co IVE incluído.
Os bonos estarán dispoñibles na web https://bonosactivacomercio.gal/ para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 27 de maio de 2026, ás 9.00 horas, ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260526/AnuncioG0767-070526-0001_gl.pdf