CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
ORDE do 10 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (código de procedemento PR487A).
Destino das subvencións
1. Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de obras realizadas en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os cales teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como a adquisición de equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e ao seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.
2. Para os efectos desta orde, considéranse subvencionables os seguintes proxectos:
a. Liña 1: as obras de acondicionamento, reforma e ampliación dos locais en que a entidade veciñal ou de mulleres rurais desenvolve a súa actividade, e as obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias, promovidas por comunidades de usuarios de augas.
b. Liña 2: a adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o funcionamento ordinario da entidade, integrado por mobiliario, equipamentos de oficina, equipamento informático ou equipamento acústico e audiovisual, e a adquisición doutro equipamento ou mobiliario para actividades específicas, que non terá carácter básico.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260318/AnuncioG0759-090326-0001_gl.pdf
DESDE O DEPARTAMENTO DE EMPREGO DO CONCELLO DA ESTRADA TRAMITAMÓSLLE ESTA SUBVENCIÓN A TODAS AQUELAS ASOCIACIÓNS QUE A DESEXEN SOLICITAR.