imprimir

QUERES PARTICIPAR NO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2025?

25. 11. 07

Arranca unha nova edición do PLAN INTEGRADO DE EMPREGO que impulsa o Concello de Cuntis e no que participamos desde A Estrada.

Este programa, combina formación con emprego e a finalidade é a INSERCIÓN LABORAL DA TOTALIDADE DAS PERSOAS PARTICIPANTES.

Na pasada edición foron insertadas no mercado de traballo o 100% dos/as participantes.

Nesta nova edición impartiranse todas as FORMACIÓNS TRANSVERSAIS que se precisas na actualidade para acceder a calquera oficio: CURSO DE CARRETILLA; CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ETC e ademáis capacitarase aos/as participantes para o desempeño dos postos de traballo que na actualidade son máis demandados: ALMACÉN; FONTANERIA; SUPERMERCADO; CHACINERÍA; CARNICERÍA; PEIXERIA; ELECTRICIDADE, XARDINEIRIA OU SOLDADURA entre outros que se poidan impartir en función das necesidades das persoas participantes.

O programa consta de varias titorias; para as persoas da Estrada a meirande parte delas levaranse a cabo no propio municipio.

 

REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES NESTA EDICIÓN: 

Persoas menores de 30 anos desempregadas

Persoas desempregadas maiores de 52 anos

Persoas desempregadas con discapacidade

Persoas desempregadas en risco de exclusión social e as persoasbeneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social deGalicia

Mulleres desempregadas

Persoas desempregadas inmigrantes

DATA LÍMITE DE SOLICITUDE: 15 DE DECEMBRO

As persoas participantes disporán dunha BOLSA DIARIA POR DESPRAZAMENTO DE 10 EUROS ASÍ COMO SE LLES REGALARÁ UNHA TABLETA PARA QUE POIDAN SEGUIR AS FORMACIÓNS EN LIÑA

Se estás INTERESADO/A en participar debes pasarte polos departamentos de emprego ou orientación laboral do Concelo da Estrada sen necesidade de cita previa en horario de 9.00 a 14.00 horas; tamen podes cumprimentar este formulario e facérnolo chegar asinado ao enderezo electrónico: aedl@aestrada.gal

FICHA DE ALTA

FICHA INSCRICIÓN

Se precisas máis información chámanos ao teléfono 986 677 740