imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS BONOS ACTIVA COMERCIO

25. 11. 04

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 9 de outubro de 2025 pola que se convoca a segunda edición do 2025 do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio (código de procedemento CO301B)

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 desta orde. Para ser beneficiarias terán que tramitar as súas solicitudes conforme o disposto no artigo seguinte.

A descarga dos bonos polas persoas usuarias realizarase na web www.bonosactivacomercio.gal. Os bonos terán formato dixital a través dun código QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha APP que permita realizar pagamentos (Wallet ou similar).

Cada bono terá un valor de ata 30 €. En función do importe das compras, poderán obterse os seguintes descontos:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías enténdense co IVE incluído.

Os bonos estarán dispoñibles na web https://bonosactivacomercio.gal/ para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 5 de novembro de 2025, ás 9.00 horas,

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251104/AnuncioG0767-101025-0007_gl.pdf