imprimir

XUNTA DE GALICIA CONVOCA O PROGRAMA RESPONSABILÍZATE DIRIXIDO A PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS ASÍ COMO A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das bases reguladoras e da convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate, quinta edición (código de procedemento TR320B).

Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social e que conten con algún centro de traballo en Galicia, así como que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións, salvo no caso do servizo do artigo 3.4º. 

Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os requisitos seguintes:

1. Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.

2. Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.

3. Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Servizos aos cales optarán as empresas beneficiarias do programa:

1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.

2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para construír un plan de acción RSE.

3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para elaborar un plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

4º. Servizo de diagnose, asesoramento e planificación do benestar organizacional.

O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260602/AnuncioG0767-250526-0004_gl.pdf