CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL
ORDE do 29 de abril de 2026 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
– ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
– ED330G. Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
– ED330H. Rexistro de librarías/establecementos. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Asignación de libros e contía das axudas 1.
Fondo solidario de libros de texto.
1.1. A repartición entre o alumnado que participe dos libros texto de 3º, 4º, 5º e 6º de EP e de todos os cursos de ESO que estean dispoñibles no fondo do centro efectuarase da seguinte maneira:
a) Por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación con independencia da renda: 1º. O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia. 2º. A continuación, o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e, a xuízo do centro docente, poida usar libros de texto do fondo.
Esgotados os libros dispoñibles, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:
a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto e, en centros e cursos E-Dixgal, 3 en EP e 2 en ESO.
b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros de texto e, en centros e cursos E-Dixgal, 2 en EP e 1 en ESO.
c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia: 6 libros e, en centros e cursos E-Dixgal, 3 en EP e 2 na ESO, en ambos os casos con independencia da renda.
d) Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % e que, a xuízo do centro docente, poida usar libros de texto do fondo: 6 libros e, en centros e cursos E-Dixgal, 3 en EP e 2 en ESO, en ambos os casos con independencia da renda.
En todo caso, o número de libros estará limitado pola cantidade establecida por cada centro para cada curso e pode ser inferior ao indicado.
O importe máximo que aboará a consellería a cada centro por cada libro complementario adquirido será de: 40 € en EP e 45 € en ESO.
Axudas para libros de texto. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:
a) Para o alumnado matriculado en 1º e 2º de EP: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €
b) Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que non utilice os libros de texto do fondo: 1º. Matriculado en EP: – Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. – Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €. 2º. Matriculado en ESO: – Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €. – Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €. 3º. Cando, ademais, teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %: 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
c) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
d) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, a contía das axudas será de 300 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
Axudas para material escolar.
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP ou en ESO será a seguinte: 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €. 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE e o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 €, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
PRAZO: Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2026. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2027.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260518/AnuncioG0761-290426-0003_gl.pdf