on 27 Outubro 2026

Requisitos:
- Persona titulada (mínimo Ciclo Superior de
Administración e Finanzas)
- Preferiblemente con experiencia en asesoría e manexo dos programas de A3.

Oferta de traballo xestionada polo departamento de emprego do Concello da Estrada:
Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: ASESORIA

on 27 Outubro 2026

Xunta Conecta con Cortizo: oferta de 33 postos de traballo en Padrón

A empresa Cortizo participará nunha nova edición de Xunta Conecta, unha iniciativa que facilita o contacto directo entre empresas e persoas demandantes de emprego mediante presentacións empresariais, entrevistas rápidas e actividades de orientación para a preparación dos procesos de selección.

Nesta ocasión, a empresa busca cubrir 33 postos de traballo en Padrón.

As xornadas de selección celebraranse nas seguintes datas e localizacións:

  • 10 de novembro: Oficina de Emprego de Boiro.
  • 13 de novembro: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), en Santiago de Compostela.

Perfís profesionais ofertados

A oferta de emprego distribúese nas seguintes ocupacións:

Perfil profesionalNúmero de postos
Peón/Peoa de Produción 12
Peón/Peoa de Produción PVC (fin de semana) 3
Peón/Peoa de Almacén 2
Matriceiro/a 6
Corrector/a de Matrices 6
Oficial de Mantemento 4
Total 33

Como participar?

A previsión é que a convocatoria se publique o 30 de outubro, data a partir da cal as persoas interesadas poderán solicitar cita a través do Portal de Emprego de Galicia.

Unha vez pechado o prazo de inscrición, o persoal orientador das oficinas de emprego participantes contactará coas persoas inscritas para confirmar o seu interese e dispoñibilidade, así como para comunicarlles os detalles da xornada.

Recoméndase acudir á entrevista cun currículo actualizado. Así mesmo, é importante dispoñer de carné de conducir e vehículo.

Máis información

https://emprego.xunta.gal/gl/xunta-conecta

Non perdas esta oportunidade de acceder a un proceso de selección con Cortizo!

on 22 Outubro 2026

REQUISITOS
• Persoa rigorosa, ordenada, proactiva e orientada a resultados
• Dispoñibilidade para traballar a quendas
• Valorable experiencia en postos con funcións similares
• Valorable residencia na zona da oferta

OFRECEN
• Unirche a unha empresa en pleno crecemento de alta tecnoloxía orientada á innovación
permanente e mellora continua.
• Proxecto laboral estable e de longo percorrido.
• Traballo a quendas en horario de 6.00 a 14.00 ou de 14.00 a 22.00 (quendas rotativas cada 15
días

Persoas interesadas enviar currículo actualizado á seguinte
dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: OPERARIO/A DE FABRICACIÓN DE TINTAS