AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2025/26 (códigos de procedemento TU200A e TU200C).
Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2025/26:
– Bolsas ordinarias tipo I:
• 10 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 1 bolsa para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
– Bolsas ordinarias tipo II:
• 15 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 3 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
– Bolsas excelencia académica (tipo I):
• 6 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 2 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
Poderá solicitar estas bolsas o alumnado do CSHG que reúna os requisitos académicos, económicos e os requisitos para as persoas residentes no exterior que establece esta resolución.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250618/AnuncioG0256-060625-0002_gl.pdf