Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Axudas aos servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas (programa ReaccionaTIC).

A Amtega poderá conceder axudas en especie consistentes na execución de servizos de asistencia, diagnóstico e soporte na implantación de solucións de Empresa dixital e Industria 4.0 para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re accionaTIC.

Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.

Para presentar a solicitude, as pemes deberán cubrir previamente un formulario a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161026/AnuncioO92-171016-0001_gl.pdf