Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS DIRIXIDAS Á CONTRATACIÓN DE XÓVENES INSCRITOS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL.
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2016/08/05/pdfs/BOE-A-2016-7583.pdf

Read More

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras.
Destinada a promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou risco de exclusión social mediante medidas de fomento das empresas de inserción laboral, previamente cualificadas no rexistro administrativo de Galicia.
Tipo de axuda:
1.- Contratación de persoas en inserción.
2.- Contratación de xerentes ou persoas técnicas.
3.- Contratación persoal técnico en acción orientación e inserción.
4.- Subvención realización labores mediación laboral.
5.- Subvención financieira.
6.- Subvención creación ou ampliación cadro persoal.
7.- Inicio e posta en marcha da actividade.
8.- Subvención fomento de procesos de creación de empresas e asistencia técnica.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2016-07-29

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160729/AnuncioG0424-140716-0010_gl.pdf

Read More

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e a conciliación laboral e persoal nas pemes galegas.
Beneficiarios: Pemes, micropemes, autónomos con persoas traballadoras e entidades de economías social.
LIÑAS E PROGRAMAS:
LIÑA I: Axudas para a obtención de certificacións de normas ou estándares de RSE. Ata 2.500 € por empresa.
LIÑA II: Axudas para a elaboración e implantación de plans de igualdade. Ata 2.000 € por empresa.
LIÑA III:
Programa 1: Incentivos para contratos de teletraballo e adopción de sistemas de flexibilidade horaria por períodos non inferiores a 1 ano. Ata 3.000 € por traballador/a beneficiado/a co límite máximo de 12.000 € por empresa.
Programa 2: Subvencións para investimentos para adquisición de elementos tecnolóxicos que fomenten o teletraballo. Ata 1.500 € por traballador/a e 5.000 € por empresa.
Período: Esta orde cubre as accións que se realicen entre o día 1 de xaneiro de 2016 e ata a data do remate do prazo de xustificación das actividades para as que se concede a axuda ou incentivo.
O prazo para a presentación de solicitudes rematará nun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da norma no Diario Oficial de Galicia.

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0424-070716-0017_gl.pdf

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160728/AnuncioG0424-070716-0018_gl.pdf

Read More

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).


O Programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.


Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.


Para poder acceder ás distintas liñas de axudas desta orde deberase crear emprego estable para persoas desempregadas.


As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.


O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2016.


http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160720/AnuncioG0424-300616-0021_gl.pdf

Read More

Axencia Galega de Innovación:

Axudas para o programa Industrias do futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016.

Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para conseguir un modelo produtivo innovador.

Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución.

b) Agrupacións de unha empresa ou empresas, pero sempre do mesmo grupo empresarial, e un organismo de investigación.

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0198-010716-0001_gl.pdf

Prazo: 30 de agosto de 2016

Read More

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Bases reguladoras do programa de incentivos á creación de emprego e incremento da estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan
de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de xaneiro de 2016 ata o 30 de setembro de 2016, ambas inclusive.

2. Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo, que realicen as empresas con aquelas persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

Prazo: 30 de setembro de 2016

Bases: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160714/AnuncioG0424-040716-0005_gl.pdf