Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More
O Parlamento Europeo convoca becas de prácticas e formación para TRADUCTORES:
 
Convócanse dúas modalidades: unha para titulados universitarios, e outra para estudantes que vaian iniciar unha carreira na universidade.
 
O importe mensual das becas para titulados universitarios ascende a 1.252 euros, e para os becarios en formación, o importe mensual de cada beca será de 307,20 euros.
 
Máis info.: http://www.europarl.europa.eu/…/…/Periodos-de-pr%C3%A1cticas
Read More
Obradoiros de Emprego

Massa turpis ornare nec commodo non, auctor vel felis. Etiam pharetra, turpis nec sollicitudin cursus vestibulum varius hendrerit turpis quiseam cursus. Nonec bibendum vestibulum Kravida.

Read More
Plan integrado Emprego A Estrada Activa

PLAN INTEGRADO, A ESTRADA ACTIVA III

O vindeiro xoves 18 de xaneiro terá lugar a presentación do Programa Integrado de Emprego “A Estrada Activa III”, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se vai xestionar dende a Fundación Cultural A Estrada.

Este programa, que está composto por 85 participantes pertencentes ao colectivo de persoas desempregadas de longa duración residentes no concello da Estrada, ten como obxetivo acadar a mellora da súa ocupabilidade e a insercion laboral mediante diferentes accións ligadas á formación, orientación, asesoramento e prospección empresarial.

O programa integrado de emprego “A Estrada Activa III” contempla un obxectivo de inserción dun 31%, que corresponde a 26 insercións laborais que se levará a cabo durante doce meses, dende o 1 de decembro de 2017 ata o 30 de novembro de 2018.

A Fundación Cultural A Estrada xa xestionou nos últimos dous anos Programas Integrados de Emprego, cun grande éxito de execución e con 60 persoas participantes, nos que se acadaron as seguintes insercións:

- PIE A Estrada Activa 2015-2016, incorporación ao mercado laboral de 44 persoas dos cales 36 cumpriron no período do plan alomenos 3 meses de alta na Seguridade Social.

- PIE A Estrada Activa II 2016-2017, incorporación ao mercado laboral de 51 persoas das cales 32 cumpriron, alomenos, 3 meses de alta na Seguridade Social neste período.

Se desexas recibir máis información sobre o programa podes poñerte en contacto co departamento de emprego da Fundación Cultural a través do enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no teléfono 986 570 997 ( extensión 4605)

Read More
Oposicións e Concursos

CONCELLO DE TUI:

BASES REGULADORAS DA LISTA DE RESERVA PARA A PROVISIÓN INTERINA DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO DA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, ENCADRADA NO GRUPO A, SUBGRUPO 2

Prazo: ata o 26 de marzo de 2016

http://www.boppo.depo.es/…/de…/-/boppo/2016/03/14/2016007104