Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar", concordas con estas condicións. Máis información

Loading...

Emprego A Estrada

Read More

MINISTERIO DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL
Resolución do 22 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de dezaoito anos no ámbito de xestión do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Requisitos para acceder á proba.
Poderán acceder a esta proba as persoas maiores de dezaoito anos, ou que cumpran esta idade no ano natural no que se realiza a proba e que se atopen nalgunha das seguintes circunstancias:
a) Ter a nacionalidade española e residir en España.
b) Non ter a nacionalidade española e residir en España.
c) Ter a nacionalidade española e residir temporal ou habitualmente no estranxeiro.
d) Non ter a nacionalidade española, residir no estranxeiro e cursar previamente ensinos regrados do sistema educativo español.

Calendario da convocatoria.

Durante este ano 2020 realizarase unha convocatoria para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria. A citada convocatoria terá lugar o día 3 de setembro.

O prazo de matriculación para participar na convocatoria será o comprendido entre os días 1 de xullo e 10 de xullo, ambos inclusive.

https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/26/pdfs/BOE-A-2020-6805.pdf

 

Read More
PROGRAMA PARA MELLORAR A TÚA EMPREGABILIDADE DE XEITO ÁXIL E VÍA DIXITAL

Mañá venres, día 26 de xuño, ás 14 horas, péchase o prazo de inscrición para o programa formativo Emprego Áxil, destinado a mellorar a empregabilidade da nosa mocidade de formá áxil e empregando a vía dixital.

O programa desenvolverase ao longo de 4 semanas, con 9 sesións temáticas, 55 horas de formación telepresencial, 9 horas de titorías e acceso á aula virtual 24/7.

Está dirixido a persoas mozas residentes en Galicia en situación de busca activa de emprego e ten 100 prazas dispoñibles.

A inscrición está aberta na web do programa, onde se pode ampliar información sobre os contidos e equipo docente: https://empregoaxil.ebf.com.es/%E2%80%8B

Read More
OBRADOIROS SMARTPEME PARA A SEMANA DO 29 DE XUÑO AO 3 DE XULLO DE 2020
  • Mellora a túa presenza online promocionando as entradas do teu blog

Cando: Luns 29 de xuño de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Consideracións á hora de crear o meu modelo de negocio

Cando: Martes 30 de xuño de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Optimización de imaxes: Mellora a velocidade da túa web

Cando: Martes 30 de xuño de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Ferramentas de chat e atención ao cliente

Cando: Mércores 1 de xullo de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

  • Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest

Cando: Xoves 2 de xullo de 2020 de 17 a 18 horas

INSCRÍBETE

  • Ciberseguridade - Por que necesito unha VPN? Configuración básica

Cando: Venres 3 de xullo de 2020 de 12 a 13 horas

INSCRÍBETE

Read More
CURSO DE OPERACIÓNS BÁSICAS DE CAMAREIRO/A

DURACIÓN: 200 HORAS (100 TEÓRICO-PRÁCTIC+ 100 PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS

DATAS: DO 13 DE XULLO AO 7 DE AGOSTO A PARTE TEÓRICO-PRÁCTICA, A CONTINUACIÓN AS PRÁCTICAS

HORARIO: A PARTE TEÓRICO-PRÁCTICA DE LUS A VENRES DE 9.00 A 14.00 HORAS

LUGAR: A ESTRADA (SALA GRADÍN)

PERSOAS DESTINATARIAS: MOZOS E MOZAS DE 18 A 30 ANOS EN SITUACIÓN DE DESEMPREGO

INSCRICIÓN: CÁRITAS PARROQUIAL DA ESTRADA (R/ SAN PAIO, 22 DE LUNS A VENRES DE 10.30 A 12.30 HORAS)

PRAZO DE INSCRICIÓN: ATA O 6 DE XULLO DE 2020

 

Read More
A XUNTA DE GALICIA OFRECE FORMACIÓN GRATUÍTA EN COMERCIO ELECTRÓNICO DIRIXIDO A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS

As accións formativas planificadas divídense en dous cursos con diferente perfil de alumnado:

  • Curso de Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico. Dirixido a persoas sen coñecementos previos.
  • Curso de Especialista en E-commerce. Dirixido a persoas con experiencias profesionais ou formación previas.

Requisitos: estar dado de alta como persoas traballadoras autónomas en Galicia ao comezo da acción formativa.

A modalidade de impartición e o Elearning!

https://www.autonomosdixitais.com/?lang=gl

Read More
WEBINAR SOBRE OPORTUNIDADES DE EMPREGO E PRÁCTICAS EN COMERCIO EXTERIOR

Falas inglés? Interésache o comercio exterior? Queres realizar unhas prácticas profesionais no estranxeiro? Participa no webinar sobre oportunidades de emprego e prácticas en Comercio Exterior. Prazo aberto até o mércores 24 de xuño, ás 12.00h (prazas limitadas).

O próximo 25 de xuño ás 16.00 h, a FGE organiza un webinar para mozos galegos que desexen traballar en comercio exterior ou estean interesados nas bolsas de promoción exterior do IGAPE.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia. O IGAPE convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empleabilidad e pór a disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

O obxectivo deste programa é formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial baixo a modalidade de formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas de IGAPE ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro) para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

O webinar terá unha duración dunha hora aproximadamente e contará coa participación do IGAPE así como de galegos que gozaron das bolsas de promoción exterior. O IGAPE tamén falará doutros programas para a empleabilidad de galegos en comercio exterior.

Programa
Apertura a cargo da Fundación Galicia Europa
Presentación das oportunidades de traballo e prácticas a cargo do IGAPE
Experiencias de galegos nas bolsas de promoción exterior

Se queres traballar ou realizar prácticas en internacionalización empresarial, inscríbete aquí e poderás escoitar de primeira man as posibilidades existentes, ademais de expor as túas dúbidas.

Este webinar enmárcase na iniciativa #Euroxuventude, froito da colaboración entre a FGE e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para informar os mozos galegos sobre as oportunidades laborais.

INSCRÍBETE